Quen somos
presentacion tarde na biblioteca municipal
O pasado día 13 de maio, presentouse na Galería Sargadelos e na Biblioteca Pública Central de Vigo, o programa das actividades do 35 aniversario “Moncho Reboiras, patrimonio de todos os galegos e galegas de ben” nunha conferencia de prensa na que interviron Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Muñíz, Camilo Nogueira, Xosé María Brañas e Manuel Reboiras.

 

Comisión 35 aniversario

No pasado ano 2009, o Ministerio de Xustiza recoñeceu oficialmente a Moncho Reboiras como vítima da ditadura e que sufriu persecución e violencia ate lle daren morte e outorgoulle un recoñecemento persoal que supón a súa rehabilitación institucional.

Amigos, familiares e compañeiros, desde unha opción non partidaria e non excluínte, decidimos constituír a Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario, para levar adiante os actos da HOMENAXE POPULAR que se celebrará o próximo 7 de Agosto en Imo, que incluirá a colocación dunha placa homenaxe do escultor Acisclo Manzano na súa tumba, e distintas mostras de solidariedade baixo o lema “Moncho patrimonio de todos os galegos e galegas de ben”.

 
Comisión 35 Aniversario Moncho Reboiras   Debuxo de Acisclo Manzano